O BNG organizou o magosto como xornada de convivio

LugoXa
O BNG organizou o magosto como xornada de convivio, foi previa a asemblea nacional que se celebrará na Coruña
magosto bng lugo
6 Nov 2021

O BNG celebrou en Lugo un magosto de convivio previo á asemblea nacional que terá lugar este domingo na cidade da Coruña. O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, destacou no magosto “a gran participación da militancia de Lugo no proceso asemblear do BNG, que remata este domingo coa celebración da Asemblea Nacional”.

A Asemblea Nacional deste domingo abrirá un novo ciclo no BNG, que se marca como obxectivo liderar o Goberno de Galiza en 2024. Arroxo destacou que os resultados electorais do BNG conseguíronse grazas ao traballo intenso da militancia, e destacou o papel da mesma no proceso asemblear do BNG. “Todas as militantes do BNG teremos este domingo a oportunidade de decidir a liña política da organización para os vindeiros anos, demostrando que o noso funcionamento se basea na democracia e na participación”, explicou Arroxo.

Desde o BNG analízase o momento actual como transcendental para o futuro de Galiza, e ponse en marcha neste proceso para acadar un novo rumbo seguindo na liña de traballo realizada durante os últimos anos, coa recuperación dunha voz galega no Congreso do Estado da man de Néstor Rego, a consolidación do BNG como primeira forza da oposición no Parlamento Galego ao obter 19 deputadas ou co aumento de presenza do nacionalismo nos distintos concellos de Galiza

0.15840101242065