O BNG pedirá explicacións no Parlamento sobre a situación do HULA

LugoXa
O BNG presentará iniciativas no Parlamento Galego para preguntar á Consellería de Sanidade polo colapso das urxencias do HULA acontecidas estes últimos días.
hula hospital lugo
hula hospital lugo
19 ene 2023

O BNG presentará iniciativas no Parlamento Galego para preguntar á Consellería de Sanidade polo colapso das urxencias do HULA acontecidas estes últimos días. Rodil explicou que “o hospital non contaba con camas dispoñibles para realizar ingresos, o que fixo que as persoas tiveran que agardar nos corredores do servizo de urxencias”.

A parlamentaria do BNG considera inaceptable “que o HULA teña espazos e camas sen utilizar mentres que as persoas teñen que agardar nun corredor”, e afirmou que “isto mostra a situación precaria da sanidade pública galega, especialmente nos servizos de urxencias”.

“É esencial blindar a sanidade, rescatar o sistema público de saúde de Galiza despois de anos de recorte do Partido Popular”, declarou a deputada do BNG, que vinculou o colapso dos servizos de urxencias coa situación precaria da atención primaria e da rede de Puntos de Atención Continuada. “Moita xente non ten acceso a unha atención médica de calidade no centro de saúde ou no PAC do seu concello, o que fai que as persoas teñan que asistir ás urxencias hospitalarias para seren atendidas”, afirmou.