O BNG reclama á Xunta a mellora da seguridade viaria na estrada da Fonsagrada

LugoXa
A iniciativa nace a partir das reclamacións veciñais en diversas zonas, como Castelo
vecinos-parroquias-lugo
29 Aug 2024

A formación nacionalista presentará unha proposición no próximo pleno municipal para instar á Xunta de Galicia a mellorar a seguridade viaria nas estradas que conectan a cidade de Lugo. A iniciativa nace a partir das reclamacións veciñais en diversas zonas, como Castelo a respecto da estrada da Fonsagrada, ademais da de Portomarín e Friol, onde se evidencian problemas que afectan á seguridade dos habitantes.

Arroxo sinalou que "compartimos a preocupación das veciñas e veciños dos núcleos afectados, e solicitaremos o apoio dos grupos municipais para esixir á Xunta de Galicia que mellore as condicións das estradas que afectan a núcleos de poboación de Lugo". A estrada da Fonsagrada, que soporta unha intensidade media diaria de 10.311 vehículos, é un dos puntos críticos. O barrio de Castelo, dividido pola vía, está a mobilizarse para reclamar medidas como a redución da velocidade de 70 a 50 km/h, a instalación de pasos de peóns nas paradas de autobús, e a creación dunha beirarrúa que conecte a rúa San Eufrasio co Carqueixo.

Outras estradas, como a de Portomarín (LU-612) e a de Friol (LU-232), tamén presentan deficiencias que dificultan o acceso seguro ás paradas de autobús, especialmente en zonas densamente poboada como Piúgos. A LU-232, ademais, non conta con ningún paso de peóns, a pesar de atravesar o Camiño Primitivo.

Arroxo denunciou que estas áreas da cidade están sendo "marxinadas por parte da Xunta" e insistiu en que "as veciñas e veciños teñen dereito a contar con infraestruturas e servizos seguros que se adapten ás necesidades dos seus habitantes".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18339490890503