O BNG reclama á Xunta que dote á unidade de suicidio do CIS de psiquiatras

LugoXa
A deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil chama a atención sobre un problema que na provincia de Lugo "é especialmente relevante"
olalla-rodil-bng-lugo
Olalla Rodil
10 Xuño 2024

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, reclama á Xunta de Galiza que dote de maneira urxente ao CIS da Residencia do servizo de psiquiatría algo que a Xunta non ten pensado facer nos vindeiros meses.

Afirman que a unidade de prevención do suicido de Lugo, asentada no CIS da Residencia, leva dende o pasado mes de abril sen psiquiatra. "Esta situación está a supor un enorme prexuízo para as persoas que viñan sendo atendidas neste servizo", aclaran.

“Cómpre lembrar que Lugo é a provincia de todo o Estado con unha maior taxa de suicidios” explica Rodil. Segundo os datos do ano 2022 do INE, en Lugo producíronse 50 falecementos por este motivo o que supón 15,4 mortes por cada 100 mil habitantes, “algo que consideramos moi preocupante para a provincia” expón a deputada nacionalista

“A saúde mental é unha das prioridades para o BNG” pois a taxa de psicólogos e psicólogas clínicas esta moi lonxe de cubrir as necesidades desta provincia. “Por iso urximos que se dote a unidade de atención ao suicidio dese psiquiatra, pero non só ao CIS da Residencia senón que se dote aos centros de atención primaria con psicólogos e psicólogas clínicas para atender un problema de primeira orde como é a saúde mental, porque precisamos fortalecer a atención primaria para atender os problemas de saúde mental da nosa poboación” conclúe Rodil.

0.19990110397339