O BOP publica a resolución da convocatoria de subvencións á gandería extensiva do programa 'O que non arde'

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación destinou 120.000 euros á quinta edición deste programa, recoñecido como o mellor proxecto de apoio a gandeiría extensiva
gandería-extensiva-Lugo
30 Nov 2024

O BOP publica a resolución da convocatoria de subvencións á gandería extensiva do programa 'O que non arde' da área de Rural da vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Unha trintena de granxas de cabrún, ovino e porcino resultaron beneficiarias destas axudas, destinados a financiar a instalación e mantemento de peches perimetrais e outros elementos  para a alimentación e o manexo do gando en extensivo, como comedeiros,bebedeiros, parideiras ou refuxios

O deputado de Rural, Daniel García, lembrou que "nesta quinta edición dobramos o investimento no programa, aumentando tamén o importe das axudas, ata un máximo de 6.000 euros, para apoiar a actividade das ganderías extensivas e facilitar investimentos para o manexo e a protección do gando".

O responsable provincial valorou “o traballo realizado ao longo destes cinco anos para consolidar o programa e implicar ás comunidades de montes, ás asociacións gandeiras e aos propios gandeiros e gandeiras no fomento do silvopastoreo e da gandeiría extensiva, que actúa como barreira contra os lumes forestais e contribúe ao equilibrio territorial e á fixación de poboación no rural”.

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación destinou 120.000 euros á quinta edición deste programa, recoñecido como o mellor proxecto de apoio a gandeiría extensiva desenvolvido por unha Deputación a nivel nacional, pola oenegué internacional WWF Adena. Desde a súa posta en marcha, nas sucesivas convocatorias, a área provincial destinou ao programa un Toral de 360.000.

0.163813829422