O Burela Fútbol Sala presentou a Everton

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Everton Luiz Ferreira Araújo (Penha-Brasil, 1996) estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador, Juanma Marrube, na súa presentación de laranxa.
Captura de pantalla 2019 09 18 a las 10.27.59
19 Ago 2019

Everton Luiz Ferreira Araújo (Penha-Brasil, 1996) estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador, Juanma Marrube, na súa presentación de laranxa. O ala, procedente do Santiago Futsal, foi o último en incorporarse á dinámica de pretempada, hai unha semana, co meta Edu.

“Desde que cheguei a ElPozo, en 2015, xoguei contra Burela, contra un moi bo equipo desde sempre. Mantén un bloque de calidade e nós, as novas incorporacións, axustarémonos. Desde preto, podo apreciar que se traballa moi ben en Burela e con Juanma Marrube; estou seguro de que aprenderei moitísimo” explicaba o brasileiro.

“Logo de case tres meses sen competición e chegando unha semana máis tarde aos adestramentos. Para min é un pouco máis difícil, pero estou traballando para adaptarme canto antes” confesaba Everton, emocionado na súa nova experiencia na elite: “Eu persoalmente quero volver gozar da Primeira División o máximo posible, co gran proxecto que formou Burela. Como equipo, pelexaremos pola permanencia e coa Copa Galicia no horizonte”.

Tras a estrea de amigables de Tapia da fin se semana, o Pescados Rubén Burela volverá gozar dunha nova cita, o sábado, a partir das 19.00 horas, en Illescas, ante o Movistar Inter. “Con tres días de adestramento con novos compañeiros e novo equipo, en Tapia non puiden demostrar moito de min. Para o reto ante Movistar, creo que imos saír mellor, co grande aliciente extra do rival”, adiantaba o ala, pensando xa tamén na liga: “Queda un mes para estrear o mellor posible a liga diante da nosa xente”, conta xa así os días o novo 20 laranxa, prometendo “traballo e máis traballo”.

0.11560988426208