O bus urbano de Lugo volve batir récords en agosto

LugoXa
Arroxo destacou que o 2024 podería ser o mellor ano en termos de usuarios acumulados
bus-lugo
6 sep 2024

O mes de agosto de 2024 volveu marcar un récord no uso do transporte urbano, con 153.238 viaxeiros, o maior rexistro mensual desde que existen datos. Arroxo destacou que a reformulación das liñas de bus, que mellorou as conexións en toda a cidade, está a fomentar o uso do transporte público. Ademais, destacou que o 2024 podería ser o mellor ano en termos de usuarios acumulados, coa tendencia a superar os rexistros anteriores.

As novas liñas melloraron, asegura, as conexións entre barrios e o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), reducindo as frecuencias de 60 a 30 minutos en moitas rutas. Tamén se ampliaron as conexións coas áreas industriais do CEAO e As Gándaras. Lugo presume de ter o transporte máis barato de Galicia e un dos máis accesibles en España, cunha redución de ata o 50% para usuarios da tarxeta cidadá. Actualmente, máis de 30.000 persoas usan este sistema, beneficiándose de prezos reducidos e transbordos gratuítos.

"Lugo ten o transporte máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato das capitais de provincia do estado", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "coa Tarxeta Cidadá, o prezo do bus urbano redúcese ata nun 50%". O Tenente Alcalde anunciou que "máis de 30.000 persoas teñen xa a súa tarxeta cidadá e desfrutan de todas as vantaxes que supón este sistema".

Pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64 euros a 0.45 euros, no caso de non ter dereito a bonificacións, ou a só 0.31 euros no caso de persoas pensionistas, desempregadas, estudantes ou persoas con mobilidade reducida, con transbordos gratuítos en todas as situacións. Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09 euros nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5 euros, cun máximo de 60

0.13575410842896