O Cadavo celebrará a II Degustación da Tenreira Suprema o día 29
LugoXa
O Concello de Baleira celebrará, o sábado 29 de xullo, a segunda edición da Degustación da Tenreira Suprema
10 Xul 2023
O Concello de Baleira celebrará, o sábado 29 de xullo, a segunda edición da Degustación da Tenreira Suprema, na que os asistentes poderán degustar esta carne ao espeto. Durante a xornada tamén levará a cabo unha exposición de gando vacún.
Ás 8.30 horas levarase a cabo a recepción de gando e os gandeiros presentes serán obsequiados ás 13.00 horas: Xa ás 12.00 horas dará inicio a poxa de xatos de raza Rubia Galega.
O pasacalles matutino estará a cargo dos Gaiteiros do Toxo Queimado quen tamén actuará ás 17.00 horas. E ás 14.30 horas poderase gozar coa sesión vermú amenizada por orquestra Mar de Arousa.
Ás 22.00 horas a verbena fin de festa correrá a cargo da orquestra Mar de Arousa e o DJ Miguel Cendol.