O Campionato Tute das Festas do Santiago Apóstolo de Castroverde regresa ao concello

LugoXa
Logo do éxito da edición do ano pasado, regresa o VI Campionato Tute das Festas do Santiago Apóstolo 2024.
cea_baile_festas_castroverde
cea_baile_festas_castroverde
14 abr 2024

Logo do éxito da edición do ano pasado, regresa o VI Campionato Tute das Festas do Santiago Apóstolo 2024. A cita terá lugar no polideportivo municipal A Ferrería o vindeiro 25 de maio a partir das 17.00 horas. Contarán cos premios de 1000 puntos, 400 puntos e 200 puntos para os tres primeiros e logo na repesca 150 puntos, 100 puntos e 80 puntos para os que ocupen tamén as primeiras posicións.

A inscrición e a cea son 80 puntos por parella e a cea, 15 puntos por persoa. A data límite para participar no campionato, que está organizado pola comisión de festas Castroverde '24 coa colaboración do Concello, é o venres 24 de maio. Os interesados poden solicitar máis información no 690 128 689, no 650 399 904 ou no 661 554 817 ou a través do correo info@festascastroverde.gal.