O campo de béisbol do Ceao, escenario do XIV Torneo de San Froilán

LugoXa
A competición, organizada polo club de béisbol Lume, arrancará cun partido de sóftbol
Lume-beisbol
30 sep 2024

O campo de béisbol do Ceao acolleu o tradicional partido de familias do club de béisbol Lume, no que a rapazada do equipo se enfrontou a un animado grupo de familiares, principalmente pais e nais. Esta xornada de convivencia deportiva contou coa participación dunha veintena de familias, que gozaron dun día cheo de diversión e béisbol. Por outra banda, o club de béisbol Lume prepara xa a XIV edición do torneo de San Froilán, que se celebrará o vindeiro 5 de outubro.

A competición arrancará pola mañá ás 11.00 horas cun partido de sóftbol entre veteranos, onde o equipo de Lugo, formado por antigos xogadores do club Lume e do Helios, se enfrontará ao equipo de Venezuela, composto polos xogadores do Caciques de Lugo. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, será a quenda das categorías inferiores do Lume. Os equipos Lume Black e Lume Red protagonizarán un emocionante encontro no que os máis pequenos amosarán todo o aprendido. Este evento, que se enmarca nas celebracións do San Froilán, converterase nunha festa do béisbol e sóftbol para todos os afeccionados locais.

cartel torneo SAN FROILÁN_beisbol
0.19323396682739