O Castelo de Pambre acolle a exposición en Homenaxe á Muller do Rural
A sala de exposicións do Castelo de Pambre acolle, estos días, a Exposición en Homenaxe á Muller do Rural que amosa o talento e a capacidade creativa e artística dun grupo de mulleres do rural, en contreto, da parroquía de Gontá, autoras da mostra expositiva, esto é: Divina Agra Soengas, Lilian Altamirano Cifuentes, María Xosé Andrade Arias, Lucia Fernández Andrade, Marisa Gómez Ferreiro, Celia Pérez Férnandez, Inma Porto Pérez, Yoli Porto Gómez, Marisa Rigueiro Grueiro, Divina Soengas Rivas, Mari Carmen Souto Andrade.
O acto inaugural, contou coa presenza do alcalde de Palas, Pablo Taboada quen valorou positivamente o talento artístico da mostra e apreciou o traballo feito polas veciñas de Gontá antes de dar paso a intervención da artista, pintora, escritora e poeta, Adolfina Mesa, que exerce tamén de mestra de pintura da Asociación “As Lamas de Gontá”, quen aproveitou para destacar que dita mostra expositiva “tenta dar vida e visión a muller do rural, a esa muller empoderada que parece invisible. Así como, dalgún xeito traslada a mensaxe de reclamar a igualdade efectiva entre homes e mulleres, a vez que destaca que a xente do rural somos xente valiosa e cun potencial inmenso” manifestaba Adolfina Mesa.
A mostra expositiva pode visitarse en horario de apertura do Castelo de Pambre ata o 21 de febreiro.