O Castelo de Pambre acollerá unha mostra colectiva sobre o mundo agrícola

LugoXa
O Instituto de Estudos Ulloáns organiza para o vindeiro 10 de xuño unha exposición colectiva en torno á figura animal.
IEU Palas mostra
8 Jun 2022

O Castelo de Pambre, en Palas de Rei, acollerá o vindeiro venres 10 de xuño, a partir das 12.00 horas, a inauguración da exposición colectiva Pambre, a Arca de Pedra.

A mostra, a cargo do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), comisariada pola galerista Cristina Carballedo Penelas e coordinada por Braulio Vilariño, que xira en torno á figura animal e a actividade agrícola desenvolvida no castelo durante séculos.

Os artistas que participan neste proxecto amosan a súa particular visión do mundo animal con e estilos e soportes diversos. Así, dende ángulos moi diferentes, a mostra componse de esculturas de Álvaro de la Vega, Camilo Seira, Óscar Aldonza, Paulo Neves, Xoán Vila e Alberto Gulías.

Noutro senso, se contará coas pinturas de Julio Sanjurjo, Seara, Correa Corredoira, Jorge Espiral, Xer Refojo, Miguel Anxo Macía, Peña Romay, Adolfina Mesa, Lomarti e Andrés G. Shuttleworth.

Por último, a exposición terá tamén fotografías de Edu Valiña, Peter Schneider e Xosé Reigosa.

Os carteis e dípticos informativos da exposición son obra da deseñadora gráfica Azucena Souto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.179034948349