O castelo de Pambre celebra as Letras Galegas con música e un recitado de poemas

LugoXa
O Instituto de Estudos Ulloáns celebrará o Día das Letras Galegas na honra de Luisa Villalta o venres 17 de maio  no castelo de Pambre
palas de rei castelo pambre
palas de rei castelo pambre
15 may 2024

O Instituto de Estudos Ulloáns celebrará o Día das Letras Galegas na honra de Luisa Villalta o venres 17 de maio  no castelo de Pambre. O acto, que comezará ás 18.00 hiras, está coordinado por Fernando García Penas, Andrea Santiso e Braulio Vilariño, e contarase coa actuación musical da profesora de acordeón meirega Marisa Dapereira e do escritor naviego Toño Núñez.

A filóloga Andrea Santiso encargarase do relatorio en torno á figura literaria de Luisa Villalta e no recitado de poemas intervirán os escritores e poeta. Entre eles, estarán Fernando García Penas, Xosé Lois García, Mª José Gómez Alvite, Paco Ledo, Toño Núñez, Xosé Luis Otero Cebral, Xosé Luis Santiso, Ana Vila Portomeñe e Braulio Vilariño.