O Castro FSF parte a Móstoles para disputar a fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

LugoXa | TerraChaXa
Efrén Castro achegouse este mércores a Castro Ribeiras de Lea para transmitir azos ao equipo
fsf-castro-final-copa-raina
30 Apr 2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a participación de Castro FSF na fase final da Copa da Raíña de Fútbol Sala feminino, que se xoga de venres a domingo en Móstoles. A área de Deportes reforzará a colaboración económica co clubs a través dunha subvención excepcional vinculada á súa participación neste torneo estatal.

Efrén Castro achegouse este mércores a Castro Ribeiras de Lea para transmitir azos ao equipo e ratificar o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao club, que segue dando pasos para asentar o seu proxecto deportivo na elite do fútbol sala estatal.

O vicepresidente valorou "o bo ambiente e o optimismo que se respirou na saída do equipo cara a Móstoles como mostra da ilusión que vive o club" e destacou “a importancia destas competicións de máximo nivel para reforzar a visibilidade e recoñecemento do deporte feminino e seguir avanzando na igualdade real" .

Ademais de apoiar a súa participación na fase final da Copa da Raíña, a área de Deportes financia a actividade competitiva do club de forma estable a través dunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal contribución institucional ao seu funcionamento.

0.15396809577942