O Caudal Fest pecha a edición de 2026 con preto de 40.000 asistentes e sen incidencias

LugoXa
O Caudal Fest 2026 pecha con preto de 40.000 asistentes, sen incidencias destacables xa se consolida como o terceiro festival máis grande de Galicia Elena Candia: “Que un evento destas dimensións funcione ben é o resultado do traballo de moitas persoas”
Caudal-Fest-Lugo
21 Sep 2026

Caudal Fest 2026 pecha a súa oitava edición con preto de 40.000 asistentes, arredor de 20.000 persoas en cada unha das dúas xornadas, consolidándose como o terceiro festival máis grande de Galicia.

A alcaldesa, Elena Candia, explicou que detrás da celebración dun evento destas características existe un importante traballo de planificación, coordinación e prevención por parte dos diferentes servizos implicados.

Elena Candia agradeceu “o traballo da policía local, dos bombeiros, dos equipos de limpeza e do resto dos servizos municipais, así como a coordinación coas demais forzas e servizos implicados. Tamén á organización e ás persoas asistentes, porque a colaboración de todos é fundamental para que Lugo poida acoller eventos destas características con normalidade.”

O goberno local reforzou nesta edición diferentes medidas destinadas a facilitar a experiencia das persoas asistentes e facer máis áxiles os accesos ao recinto.

A prepulseirización na Casa do Concello permitiu chegar ao recinto coa pulseira xa colocada, a máis de 3000 persoas, contribuíndo a axilizar as colas de acceso.

Tamén se reforzou o servizo de autobuses, facilitando os desprazamentos ata o recinto durante as dúas xornadas do festival. Puxéronse 116 viaxes ofertando máis de 12.000 prazas.

O dispositivo especial de limpeza activado con motivo do Caudal Fest permitiu iniciar desde o primeiro momento a recuperación do espazo no que se celebrou o festival, mantendo os traballos unha vez rematada a actividade.

Ata o domingo recolléronse un total de 7.240 quilos de residuos: 1.520 quilos o venres, 3.040 o sábado e 2.680 o domingo.

O dispositivo mantense activo durante estas xornadas, acompañando tamén os traballos de desmontaxe dos escenarios e da infraestrutura do festival..

A repercusión do Caudal Fest vai máis alá do ámbito musical e a chegada de miles de persoas durante todo o fin de semana volve ter un efecto directo sobre Lugo e o seu entorno, especialmente en sectores como a hostalería, o aloxamento, o comercio, o transporte e os servizos.

A elevada afluencia de público tamén tivo reflexo no sector do aloxamento, que alcanzou unha ocupación media do 93 % durante a fin de semana, sendo o sábado a xornada de maior demanda, con establecementos que chegaron a completar a súa capacidade.

0.18644714355469