O CCA de Burela comezou a campaña Xogando Xuntos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 May 2020

O Centro Comercial Aberto de Burela lanzou a campaña Xogando Xuntos coa que queren dinamizar o comercio local desde as redes sociais e preparar a volta á normalidade tras o desconfinamento.

A asociación de comerciantes indica que algo que deixou a corentena é que existe moita creatividade, e queren aproveitar este momento para impulsar o comercio de proximidade.

O comercio local de Burela ten unha elevada calidade dos seus produtos, por isto queren facer un agasallo de calidade mentres dure o estado de alarma e, seguramente, máis alá.

A dinámica de Xogando Xuntos é que os luns nas redes sociais de CCA Burela (Facebook e Instagram) proporán un xogo para as persoas que queiran participar. Hasta ese día non se vai saber cal é esa proposta, así que avisan que teñen que estar preparados para facela.

A primeira, coincidindo co Día da Nai, foi unha participación de poesía, de debuxo ou de fotografía que se pode facer chegar a través do correo electrónico: aciaburela@gmail.com, unha mensaxe directa a través de Facebook ou Instagram ou subíndoas ás redes propias có hastag #XogandoXuntosBurela.

O sábado sortearase entre os participantes un produto de Burela. Nesta ocasión será unha peza de xoiería valorada en 150 euros que se fará chegar á casa do premiado ou esperarase ao fin desta situación, como prefira o gañador.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16936683654785