O CD Castro organiza un campionato de tute en febreiro

TerraChaXa | LugoXa
O CD Castro organiza un torneo de tute para o sábado 4 de febreiro para o que hai un máximo permitido de 64 parellas.
16 Xan 2023

O CD Castro organiza un torneo de tute para o sábado 4 de febreiro para o que hai un máximo permitido de 64 parellas.

A inscrición para o mesmo está aberta  a un prezo de 100 puntos por parella. De completarse o número total de inscritos, haberá catro premios para os gañadores da fase principal que recibirán 1.400, 600, 250 e 150 puntos cada un. Na de repesca os vencedores conseguirán 400, 200, 120 ou 80 puntos. Os dous primeiros de cada grupo tamén terán trofeo.

A sesión incluirá cea con xamón cocido, empanada, churrasco, postre, bebida e café.

O torneo dará comezo ás 18.30 horas na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea.

As inscricións poden realizarse nos teléfonos 627 903 692 e 620 543 355.

0.20000791549683