O CD Corgo abre as inscricións dos equipos de base para a nova tempada

LugoXa
O CD Corgo abre as inscricións para os novos xogadores da tempada 2023-2024 para todas as categorías, desde biberóns ata xuvenil.
cd corgo base inscricion portada
cd corgo base inscricion portada
17 sep 2023

O CD Corgo abre as inscricións para os novos xogadores da tempada 2023-2024 para todas as categorías, desde biberóns ata xuvenil.

Os rapaces que queiran formar parte do equipo teñen que pagar un prezo que variará en función da categoría na que esté inscrito. Aínda que o primeiro mes ao ser de proba é de balde. Os prezos van desde os 130 euros da categoría biberón ata os 270 da xuvenil.

O club ofrece equipacións gratuítas e renovadas cada dous anos, ademais de instalacións propias con vestiarios con calefacción, campo con herba artificial e outro natural, gradas cubertas, cafetería e pavillón polideportivo anexo.

Para máis información pódese chamar aos teléfonos 610 320 164 ou 695 453 174.

cd corgo base inscricion
0.16909098625183