O CD Lugo avanza na remodelación do Anxo Carro cunha nova plataforma para cámaras de televisión

O Club Deportivo Lugo continúa co proceso de remodelación do estadio Anxo Carro. Nas últimas semanas realizouse na grada de Fondo Norte a instalación dunha nova plataforma destinada á colocación das cámaras de televisión, unha mellora técnica que busca optimizar a retransmisión dos encontros.
Esta actuación implicou cambios na configuración de determinadas localidades do estadio. Como consecuencia, a partir do partido deste venres ante o Athletic Club B quedarán anulados os asentos correspondentes a Fondo Norte, Bloque 4, Fila 8, Butacas 52 a 68.
O club contactará cos abonados afectados para xestionar a súa relocalización noutros asentos dispoñibles dentro de Fondo Norte. No caso de que a alternativa proposta non se axuste ás súas preferencias, ofrecerase tamén a posibilidade de traslado a zonas de Preferencia ou Tribuna sen custo adicional.
Do mesmo xeito, os abonos provinciais correspondentes a Fondo Norte tramitaranse unha vez finalice o proceso de reubicación.
O club agradece a comprensión, colaboración e apoio dos seus abonados e afeccionados durante estas actuacións, necesarias para seguir mellorando as instalacións do estadio, e desculpase polas molestias que poidan ocasionar.