O CD Lugo baixa o prezo das entradas para o partido fronte ao Athletic B

LugoXa
A entidade pon en marcha esta iniciativa co fin de que a sociedade lucense vaia ao partido, xa que o diñeiro recadado irá destinado a apoiar ás familias afectadas pola DINA en Valencia
estadio-anxo-carro
2 Nov 2024

O Club Deportivo Lugo vén de anunciar que baixará o prezo das entradas para a afección que queira desfrutar do partido de fútbol contra o Athletic B durante esta tarde de sábado ás 19.30 horas.

Esta iniciativa ten o obxectivo de facer partícipe a todos os lucenses posibles deste partido, xa que o diñeiro recadado irá destinado á compra e envío de alimentos para os damnificados pola DINA que afectou á Comunidade de Valencia.

Así, as entradas para os nenos de ata 14 anos serán de 2 euros, as que sexan para rapaces de 15 a 19 anos serán de 5 euros e para os maiores de 19 terán que pagar un custo de 10 euros. Ademais, aquelas persoas que tiveran a súa entrada mercada de antes, poderán solicitar a devolución da diferenza entre o prezo orixinal e o novo a partir do luns.

Con esta iniciativa, a entidade lucense súmase ás accións en apoio e solidaridade co pobo valenciano, sendo neste caso La Pobla de Farnals a localidade á que se dirixirán ditos víveres.

0.120854139328