O CD Lugo cede a Alberto Freire, Fernando Embadje e Noah Rodríguez á SD Sarriana

O Club Deportivo Lugo e a SD Sarriana chegaron a un acordo para a cesión de Alberto Freire, Fernando Embadje e Noah Rodríguez durante a tempada 2025/26.
Os tres futbolistas da canteira albivermella afrontarán esta nova etapa co obxectivo de competir en Segunda Federación, gañar minutos e continuar coa súa progresión nunha categoría superior.
A chegada destes xogadores supón tamén unha boa noticia para a SD Sarriana, que incorpora talento novo e con proxección, reforzando así o seu cadro para afrontar unha campaña esixente.
O acordo beneficia a ambas entidades: o Lugo garante a evolución dos seus canteiráns e a Sarriana ve reforzada a súa plantilla con futbolistas preparados para dar rendemento inmediato.