O CD Lugo configura o novo equipo técnico para a tempada 2025/26

LugoXa
Yago Iglesias contará con Álex Otero, Jonatan Fernández e Adrián Docampo como principais novidades nun cadro técnico renovado
Corpo-técnico-Club-Deportivo-Lugo-2025
18 Jul 2025

O Club Deportivo Lugo presentou a composición definitiva do corpo técnico que acompañará a Yago Iglesias ao longo da tempada 2025/26, nunha estrutura que combina novas incorporacións con profesionais que continúan o labor desenvolvido nos últimos anos.

Nesta nova etapa, Iglesias contará coa colaboración de Álex Otero como segundo adestrador, Jonatan Fernández como preparador físico e Adrián Docampo no rol de analista, incorporándose estes tres perfís como principais novidades respecto ao organigrama anterior.

O equipo de traballo quedará configurado do seguinte xeito: Yago Iglesias como primeiro adestrador, Álex Otero como segundo adestrador, Jonatan Fernández como preparador físico, Fernando Currás como adestrador de porteiros, Adrián Docampo como analista, Iñaki Fernández, Daniel Xesús García e Nicolás López (este último durante a pretempada) como fisioterapeutas, Roberto Díaz Luaces como médico, Manolo Couso como utillleiro e José Luis Corral como delegado.

O club aposta así por un equilibrio entre continuidade e renovación para afrontar o novo curso cun equipo técnico consolidado e comprometido.

⚙ Configurar cookies
0.15315103530884