O CD Lugo ficha a Álex Carbonell e a José Amo para a tempada 2025/26

LugoXa
Os futbolistas catalán e andaluz, asinan por un ano con opción a outro segundo o rendemento
Alex-Carbonell-CD-Lugo
8 Jul 2025

O Club Deportivo Lugo pechou a incorporación do xogador Álex Carbonell e a José Amo para a próxima tempada 2025/26.

O primeiro, centrocampista, nado en Barcelona no ano 1997, chega ao conxunto albivermello como unha peza versátil para o medio do campo, cun perfil organizador, capacidade para participar na presión e visión para achegarse ao ataque.

Formado na canteira do FC Barcelona, Carbonell conta cunha ampla traxectoria tanto no fútbol nacional coma no internacional. Ao longo da súa carreira militou en equipos como o Barça Atlètic, o CF Reus, o Celta B, a SD Amorebieta ou o Córdoba CF. Nos últimos anos, continuou a súa progresión na Eredivisie, a primeira división dos Países Baixos, onde defendeu as cores do Fortuna Sittard e do Almere City, con quen competiu na tempada 2024/25. Precisamente neste último club compartiu vestiario co tamén xogador do CD Lugo Álex Balboa.

José Amo, pola súa parte, é un defensa central andaluz que conta cunha dilatada traxectoria no fútbol profesional, especialmente na Segunda División, categoría na que acumula máis de 130 encontros oficiais. Formado na canteira do Sevilla FC, Amo deu os seus primeiros pasos como futbolista no Sevilla Atlético antes de pasar pola SD Ponferradina e, máis recentemente, polo CD Tenerife, onde tamén exerceu como un dos referentes defensivos.

O acordo entre os xogadores e o club lucense é por unha tempada, con posibilidade de ampliarse un ano máis se se cumpren determinados obxectivos deportivos.

⚙ Configurar cookies
0.20429420471191