O CD Lugo incorpora a Neco Celorio en calidade de cedido e renova a Nico Reniero

LugoXa
O centrocampista cántabro chega do Racing de Santander tras destacar en Segunda RFEF e a tempada pasada no Alxeciras CF, mentres que o dianteiro arxentino prolonga a súa vinculación co club
Neco-Celorio-CD-Lugo
22 Jul 2025

O Club Deportivo Lugo vén de anunciar a chegada de Neco Celorio, xogador que se incorpora en calidade de cedido dende o Real Racing Club de Santander para a tempada 2025/26. O centrocampista ofensivo, natural de Torrelavega e nado en 2004, destaca pola súa capacidade creativa e visión de xogo, malia a súa curta idade.

Na pasada campaña, Celorio xogou cedido no Alxeciras CF, onde tivo un papel relevante, disputando 32 encontros oficiais nos que asinou 1 gol e repartiu 4 asistencias. Antes da súa experiencia no conxunto andaluz, foi unha das pezas clave do Rayo Cantabria, filial do Racing, acumulando máis de 70 partidos, con 13 goles e 16 asistencias, o que o situou como unha das grandes promesas do fútbol cántabro.

O xogador unirase nos próximos días á dinámica do primeiro equipo albivermello para iniciar a pretempada ás ordes do corpo técnico.

Ademais, o CD Lugo confirmou tamén o regreso de Nico Reniero, quen se incorporou esta mesma mañá aos adestramentos do primeiro equipo. O club comunicou, ademais, a renovación do dianteiro arxentino, que continuará vinculado ao proxecto deportivo da entidade lucense para a vindeira campaña.

⚙ Configurar cookies
0.17319107055664