O CD Lugo incorpora a Simón Luca para reforzar o lateral esquerdo

LugoXa
O defensor, procedente da UD Ourense, asina por unha tempada e porase ás ordes de Borja Fernández no inicio da pretemporada
Simón-Luca-CD-Lugo
15 Jul 2026

O Club Deportivo Lugo anunciou a incorporación de Simón Luca como novo xogador albivermello para a tempada 2026/27. O lateral esquerdo, natural de Cícero (1999), chega ao Anxo Carro tras asinar por unha campaña co conxunto lucense.

Luca recala no CD Lugo despois de completar unha destacada tempada na UD Ourense, equipo co que logrou o ascenso á Primeira Federación baixo a dirección de Borja Fernández. Durante o pasado curso participou en 30 encontros oficiais e contribuíu cunha asistencia, consolidándose como unha peza importante no cadro ourensán.

Antes da súa etapa na UD Ourense, o novo futbolista albivermello formou parte doutros clubs como o CD Arenteiro, o Valencia Mestalla e o Rayo Cantabria, unha traxectoria que lle permitiu acumular experiencia en diferentes categorías e contextos competitivos.

Coa súa incorporación, o CD Lugo reforza o lateral esquerdo cun xogador que coñece ben a categoría e que volverá coincidir con Borja Fernández, técnico co que xa traballou anteriormente.

Simón Luca iniciarase coa súa nova equipa este mércores, 15 de xullo, coincidindo co comezo da pretemporada xunto ao resto dos seus compañeiros.

0.12592005729675