O CD Lugo incorpora ao central navarro Ibaider Garriz para a tempada 2025/26

LugoXa
O defensor chega do Osasuna Promesas, onde foi titular indiscutible e superou os 3.000 minutos de xogo na última campaña
Ibaider-Garriz-CD-Lugo
11 Jul 2025

O Club Deportivo Lugo pechou a incorporación do defensa central Ibaider Garriz para reforzar o seu cadro de xogadores de cara á tempada 2025/26. O futbolista navarro, nado en Pamplona no ano 2001, chega logo de consolidarse como un dos defensas con máis experiencia en Primeira Federación malia a súa mocidade.

Con 1,89 metros de estatura, Garriz formouse na canteira do CA Osasuna e, aos seus 24 anos, suma xa preto de cen encontros na terceira categoría do fútbol estatal.

Na pasada tempada, converteuse nunha peza esencial no Osasuna Promesas, disputando 37 partidos oficiais e superando os 3.000 minutos sobre o terreo de xogo. Ademais, achegou 1 gol e 1 asistencia dende a liña defensiva, contribuíndo de maneira decisiva á permanencia do filial navarro.

O CD Lugo incorpora así un central con solvencia e proxección, chamado a fortalecer a retagarda do equipo na súa aspiración de competir polo ascenso.

⚙ Configurar cookies
0.19984912872314