O CD Lugo presentará todos os seus equipos durante o partido contra a Ponferradina

LugoXa
Así, din que “será un día moi especial para todas as persoas que representan ao club nas distintas categorías do noso fútbol"
Anxo-Carro
13 Dec 2024

Os diferentes equipos do Club Deportivo Lugo serán presentados durante un acto que se desenvolverá durante o enfrontamento entre o equipo de 1ªRFEF e a SD Ponferradina este sábado no estadio Anxo Carro.

Con esta iniciativa, desde a entidade deportiva lucense queren mostrar todos os seus equipos, desde alevín ata o filial no caso da canteira, así como os equipos femininos e o da LIGA Genuine.

Así, din que “será un día moi especial para todas as persoas que representan ao club nas distintas categorías do noso fútbol, polo que animamos aos nosos afeccionados a que formen parte dun momento único”.

Ademais, destacan que “é unha oportunidade” para poder gozar do xa tradicional ‘Derbi dos Ancares’, que terá lugar este sábado, 14 de decembro, a partir das 17.00 horas, que acollerá gran afección de ambos equipos.

⚙ Configurar cookies
0.052312850952148