O CD Lugo promove unha acción social con xogadores do primeiro equipo na tenda oficial

LugoXa
Lago Júnior e Jorge González asinaron camisetas e autógrafos ante máis de medio cento de rapaces e veciños da cidade
firma-autografos-CD-Lugo
4 Sep 2025

O Club Deportivo Lugo levou a cabo unha nova iniciativa social coa presenza dos xogadores do primeiro equipo Lago Júnior e Jorge González, que acudiron á CDLUStore, a tenda oficial do conxunto albivermello, para compartir un encontro cos seus seareiros.

Durante a xornada, os futbolistas estiveron asinando camisetas e repartindo autógrafos a todas as persoas que se achegaron ata o establecemento, creando un espazo de proximidade entre o club e a súa afección.

Máis de cincuenta nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer de preto aos seus ídolos, ao tempo que outros veciños da cidade aproveitaron a ocasión para renovar o seu carné de afiliado, animarse a facerse socios ou levar unha das novas equipacións do equipo.

Desde a entidade valoran moi positivamente esta actividade, que cualifican como unha experiencia enriquecedora tanto para xogadores como para seareiros, e avanzan a súa intención de repetir este tipo de encontros no futuro.

⚙ Configurar cookies
0.19396996498108