O CD Lugo reforza a súa defensa coa fichaxe de Jon Merino para a tempada 2025/26

O Club Deportivo Lugo vén de anunciar a incorporación de Jon Merino para a próxima tempada 2025/26.
O defensa vasco, nado en San Sebastián no ano 2003, chega ao equipo albivermello despois de formarse na canteira da Real Sociedad, onde destacou pola súa versatilidade na zaga e a súa proxección como futbolista sub-23.
Na pasada campaña, Merino militou na Real Sociedad B, coa que disputou un total de 18 encontros oficiais, nos que conseguiu marcar dous goles. A súa participación foi clave no ascenso do filial txuri-urdin á Segunda División, feito que confirma a súa progresión e capacidade competitiva.
O xogador asinou contrato por dúas tempadas co CD Lugo, que aposta así por un perfil novo, con experiencia e marxe de crecemento, para reforzar a liña defensiva do equipo na nova etapa competitiva.