O CEIP de Rábade organiza un mercado solidario no Día da Paz

TerraChaXa | LugoXa
O día 30, co gallo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, o CEIP Otero Pedrayo de Rábade organizará un mercado solidario.
mercado solidario dia da paz otero pedrayo rabade portada
29 Jan 2023

O día 30 de xaneiro, co gallo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, o CEIP Otero Pedrayo de Rábade organizará un mercado solidario.

A recaudación desta iniciativa destinarase aos refuxiados/as ucraínos/as que están en campos de refuxiados.

"Trátase dun proxecto solidario no que pretendemos concienciar a todos os nenos/as do doado que é axudar a cambiar o mundo dende as aulas. Que vexan como a súa implicación axuda directamente a todas esas persoas que se atopan nunha situación moi dura debido a guerra", explican dende o centro.

Os postos estarán situados este luns, día 30 de xaneiro, de 10.00 a 13.00 horas no centro educativo.

mercado solidario dia da paz otero pedrayo rabade
0.1656219959259