O CELTA logra un ouro e unha prata no II Torneo de Sala Concello de Meis

LugoXa
Fon Villamiel impúxose na categoría tradicional masculina de máis de 50 anos e Áxel Fernández Arias foi segundo en recurvo alevín, a só dous puntos do vencedor
club escola tiro con arco lugo Meis 26
23 Nov 2026

O Club Escola Lucense de Tiro con Arco (CELTA) participou no II Torneo de Sala Concello de Meis, celebrado conxuntamente coa cuarta xornada da Liga Galega de Sala 2026/27 no Pavillón de Deportes de Mosteiro, en Pontevedra. A representación lucense conseguiu dous postos de podio, ademais de bos resultados nas restantes categorías.

Na modalidade tradicional masculina de máis de 50 anos, Fon Villamiel proclamouse vencedor cunha puntuación de 442 puntos. Pola súa banda, Áxel Fernández Arias acadou o subcampionato en recurvo alevín masculino con 565 puntos, a só dous do primeiro clasificado.

Nas outras categorías, José Ángel Otero Martínez terminou na quinta posición en longbow masculino de máis de 50 anos, mentres que Jesús Arias Fente, arqueiro cadete, ocupou o posto 13 en tradicional absoluto masculino.

O club valorou positivamente a xornada e xa prepara a próxima cita competitiva, que terá lugar o sábado 28 de novembro en Taboadela (Ourense). Alí celebrarase o Torneo Federación Galega, a quinta xornada da Liga Galega de Sala e a cuarta xornada do RAUS nacional, cunha nova oportunidade para os arqueiros lucenses de mellorar os resultados.

0.15907096862793