O cemiterio de Lugo acolleu unha homenaxe floral polo Día da Nai

LugoXa
A área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou, polo día da nai, unha homenaxe floral no Cemiterio Municipal.
HOMENAXE DIA DA NAI CEMITERIO LUGO
HOMENAXE DIA DA NAI CEMITERIO LUGO
8 may 2023

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou, polo día da nai, unha homenaxe floral no Cemiterio Municipal. Segundo indicou Cristina López, "cada ano, o primeiro domingo do mes de maio Cemiterio Municipal recibe un gran número de visitas".

A actividade contou cunha performance a cargo do grupo de teatro Palimoco, e rematou cunha ofrenda floral na estatua da familia situada no Cemiterio Municipal.

O Cemiterio de San Froilán convértese, un ano máis, nun punto de acollida de todas e cada unha das persoas que, con motivo desta celebración, visitan esta instalación, celebrando con elas este día tan sinalado, axudándoas a profundizar na súa instrospección, reflexión e comprensión da ausencia así como no lugar que o patrón materno deixa nas nosas vidas.