O Centro Comercial Histórico de Viveiro e Sabadell Gallego asinan un interesante convenio

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Sabadell Gallego asinou un convenio de colaboración coa Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, que conta con máis de cen asociados, para poñer a súa disposición un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.
10288802_487058858062629_4221702011921394570_n
2 Out 2020

Sabadell Gallego asinou un convenio de colaboración coa Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, que conta con máis de cen asociados, para poñer a súa disposición un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.

Pola súa banda, a Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, pode acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado.

Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos. Destacan, entre outros: a conta Expansión Negocios-PROL, un pack especialmente deseñado á medida os autónomos e comercios, que reúne toda unha serie de vantaxes - transferencias nacionais vía BS Online e ingreso de cheques gratuíto, BS Online e BS Móbil gratuíto e tarxetas de crédito e débito gratuítas. E para a súa economía persoal e os seus empregados cóntaa Expansión-PROL, para a domiciliación da nómina ou ingresos persoais. - conta sen comisión de administración, con tarxetas gratuítas. -, Anticipo nómina sen ningún tipo de custo, xunto a produtos de aforro-investimento con tipos de interese bonificados.

O acordo foi asinado pola presidenta da Asociación, María Dolores Pérez Santos e por Rafael Mato Fariña, Director Rexional de Galicia Norte de Banco de Sabadell Gallego. No acto da firma acompañáronlles por parte da Asociación, a súa tesoureira, Mª Ruth Adrio Monterroso, e por parte de Banco Sabadell, Roberto Fernández Rodríguez, director comercial da Rexional Galicia Norte, Mateo López Piñeiro, xestor comercial da urbana de

0.1347119808197