O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Mar 2020

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local.  Dende o xoves día 5 ata o sábado 7 de Marzo serán 36 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de tempadas cuns descontos incríbles, chegando ata o 70% nalgúns casos. Tratase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica, telefonía e floristerías. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes.

Os locais participantes son Confecciones Justo Vázquez, Jonathans, Las Fidalgas, Baamonde Style, Esprit, El Faro, Dandara, Fontana, Versus, Kody, Kody Kids, Rockids, Complementos Sulian, Tejidos Rogelio, Lencería Canela, Nacar, Mercería A Bolboreta, Oxígeno Surf , Van Surf Shop, Van Surf Sneakers, Piti Deportes, Deportes Don Balón, Podium Sport, Albo 55 Sneekers, Calzados Albo, Albo Zapaterias, Vogue, Tacones, Platax, Joyería Paleo, Kalea Platería, Regal Fontenova, Raquel Seijido, Muebles Iglesias, Mobiltome La Óptica

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermello co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sin ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

0.17951703071594