O Centro de Convivencia da Milagrosa organiza unha excursión ao Parque Experimental de Sotavento

O Centro de Convivencia da Milagrosa organiza unha excursión ao Parque Experimental Sotavento, cun máximo de 50 persoas participantes, que dará comezo ás 10:30 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas. A saída e chegada realizarase desde a Praza de Bretaña.
Tras a visita guiada, as persoas asistentes poderán realizar o xantar pola súa conta na área recreativa das Pontes de García Rodríguez, onde se pasará o resto da xornada.
O custo da actividade será de 4,12 euros por persoa e está dirixida a persoas empadroadas no Concello de Lugo. As solicitudes poderán presentarse os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo, entre as 9:00 e as 13:00 horas, no propio centro de convivencia.
Un sorteo público informático o 2 de xullo determinará as persoas admitidas, que terán prioridade no caso das familias en situación de vulnerabilidade. A listaxe provisional publicarase o 3 de xullo no taboleiro do centro.
As persoas seleccionadas deberán efectuar o pagamento entre o 3 e o 6 de xullo, e a listaxe definitiva publicarase o 7 de xullo.