O Centro de Convivencia de Fingoi organiza pilates ao aire libre durante xullo e agosto

LugoXa
As sesións gratuítas celebraranse os luns e mércores ás 18.30 horas e están abertas a toda a cidadanía
ioga
30 Jun 2026

O Centro de Convivencia de Fingoi organiza durante os meses de xullo e agosto unha nova actividade gratuíta de pilates ao aire libre, aberta a toda a cidadanía.

As sesións celebraranse os luns e mércores ás 18.30 horas na zona verde do paseo do Miño, situada ao cruzar a pasarela de madeira sobre a N-VI, na zona de Alfonso X.

Para participar unicamente será necesario acudir cunha esterilla e auga. As persoas que se despracen en vehículo poderán estacionar nas inmediacións do Pazo dos Deportes.

Con esta iniciativa, o Concello continúa promovendo actividades gratuítas que fomentan hábitos de vida saudables e o uso dos espazos naturais da cidade.

0.13337397575378