O Centro de Interpretación Terras do Miño inaugura unha formación para promover a conciencia ambiental entre docentes

LugoXa
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na inauguración do taller de Reciclaxe, Reutilización e Recuperación organizado polo Centro de Interpretación Terras do Miño, de titularidade da Deputación de Lugo.
inauguracion_curso_reciclaxe_terras_do_mino
22 Feb 2024

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na inauguración do taller de Reciclaxe, Reutilización e Recuperación organizado polo Centro de Interpretación Terras do Miño, de titularidade da Deputación de Lugo.

Trátase dunha formación práctica dirixida a docentes para promover o coñecemento e a conciencia ambiental nas aulas co obxectivo de contribuír a un futuro máis sostible.

Pablo Rivera deu a benvida aos participantes, neste caso docentes do IES Xoán Montes, e destacou que este obradoiro “non é simplemente un evento puntual, senón unha acción formativa con vocación de continuidade”.

Engadiu que “o simple feito de fabricar un xoguete, como a actividade desenvolvida neste obradoiro, usando material de refugallo, ten un valor por si mesmo porque cando a este acto se engaden fins educativos lógrase unha experiencia de aprendizaxe máis enriquecedora e amena”.

0.16793298721313