O centro sociocultural de Monterroso acolle un concerto de corais o día 29

LugoXa
Monterroso acolle unha nova proposta para os amantes da música clásica.
concello monterroso edificio 2023
25 Out 2023

Monterroso acolle unha nova proposta para os amantes da música clásica. O vindeiro domingo 29 o centro sociocultural ofrece un concerto de corais.

A cita comeza ás 19.30. Durante o evento actuarán a Coral Maiores Telefónica A Coruña e a Coral Polifónica Palas de Rei. A Coral Ecos do Ulla tamén interpretará o seu repertorio.

A Federación Coral Gallega e o Concello de Monterroso colaboran no concerto, que está organizado pola Coral Ecos da Vila.

concerto_corais_monterroso
0.16437005996704