O CFEA de Becerreá impartirá un curso básico de aplicación de produtos fitosanitarios en setembro

LugoXa
A formación desenvolverase en cinco xornadas e permitirá obter os coñecementos básicos para a manipulación destes produtos
visita-cfea-becerrea
12 Jul 2026

O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Becerreá acollerá durante o mes de setembro un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico, dirixido a persoas interesadas en adquirir a formación necesaria para o uso destes produtos no ámbito agrario.

A acción formativa desenvolverase os días 14, 15, 16, 17 e 21 de setembro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, nas instalacións do CFEA de Becerreá, situadas na paraxe de Penamaior.

As persoas interesadas xa poden presentar a súa preinscrición a través da Oficina Virtual do Medio Rural. A formación está promovida pola Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Para obter máis información, o centro tamén pon á disposición dos interesados o teléfono 982 828 380.

0.14598917961121