O Ciclo Galego de Teatro Amador regresa a Lugo con 4 representacións

LugoXa
As 4 representacións desta edición terán entre o 30 de outubro e o 27 de novembro. As entradas terán un custo de 3€.
teatro amador ciclo
28 Oct 2021

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou xunto Tareixa Campo e XX,  integrantes de Achádego Teatro, a edición 2021 do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e coa que colabora o Concello de Lugo. Maite Ferreiro afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.

A edición 2021 deste ciclo consiste en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 30 de outubro e o 27 de novembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

  • 30 de outubro: Rutinas, de Max Teatro
  • 13 de novembro, Nadal na casa dos Lamelo, de Achádego Teatro
  • 20 de novembro, A última cea, de Fauna 113
  • 27 de novembro, Porta Aberta, de Munuwa

Todas as representacións comezarán ás 20:30, e están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou con antelación no portal entradaslugo.es ou na oficina municipal de turismo.

0.18324780464172