O cine na rúa volve a Ribeira de Piquín con As Bestas

O vindeiro venres 16 de setembro, ás 21.00 horas, proxectarase a película Cuñados no Concello de Ribeira de Piquín
as bestas pelicula cartel
23 Ago 2023

O vindeiro venres 25 de agosto, ás 21.30 horas, proxectarase a película As Bestas na praza do Chao de Pousadoiro, en caso de choiva será no centro de día. Trátase dunha proposta da Área de Cultura da Deputación de Lugo ao abeiro do ciclo de Cine na Rúa na que se pretende achegar o cinema falado en galego a diferentes lugares da provincia.

Antoine (Denis Ménochet) e Olga (Mariña Foïs) son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos aldeáns non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta (Luís Zahera e Diego Anido), fará que a tensión creza na aldea ata alcanzar un punto de non retorno.

cine na rua ribeira de piquin agosto 2023
0.20809102058411