O Cineclube Mádia Leva celebra en Lugo a Revolución dos Cravos cunha proxección e música en vinilo

LugoXa
O centro social acollerá este xoves 30 de abril a exhibición de Sambizanga, de Sarah Maldoror, seguida dunha sesión musical dos DJ’s Extra-parlamentares
cartel-sambizanga
30 Apr 2026

O Cineclube Mádia Leva organizará este xoves 30 de abril, a partir das 20:00 horas, unha xornada especial no centro social Mádia Leva de Lugo para conmemorar a Revolución dos Cravos portuguesa.

A programación inclúe a proxección do filme Sambizanga, dirixido por Sarah Maldoror, unha das figuras pioneiras do cinema feminista e anticolonial. A película aborda as loitas de liberación nacional nas colonias africanas, converténdose nunha obra de referencia dentro do cinema político e comprometido.

Coa iniciativa, a organización busca lembrar a transcendencia histórica da revolución portuguesa e, ao mesmo tempo, poñer en valor creacións cinematográficas vencelladas aos movementos emancipadores e á defensa dos dereitos dos pobos colonizados.

Unha vez rematada a proxección, a actividade continuará cunha pinchada en vinilo de música afro-luso-galaico-brasileira a cargo dos DJ’s Extra-parlamentares, que pecharán a velada cunha proposta musical ligada ás culturas atlánticas e lusófonas.

0.11941695213318