O circuíto de Outeiro acolle unha nova proba de motos
LugoXa
O circuíto de Outeiro de Rei acolle esta fin de semana unha nova proba deportiva. Trátase do VF Challenge MR Outeiro II.
17 Sep 2021
O circuíto de Outeiro de Rei acolle esta fin de semana unha nova proba deportiva. Trátase do VF Challenge MR Outeiro II, puntable para o Campionato de Asturias de Velocidade.
A proba desenvolverase para varias categorías, como GP Sport, Minimotos, Supermoto, Minivelocidad, Pitmotard Adulto e Scooter.
A organización lembra que o evento será a porta pechada, polo que non se admitirá público.