O circuíto de Outeiro de Rei volve acoller o VF Challenge Moto Race

TerraChaXa | LugoXa
Esta fin de semana terá lugar no circuíto de Outeiro de Rei unha nova tempada da VF Challenge MR para distintas categorías.
circuito outeiro minivelocidade portada
17 Mar 2023

Esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, dará comezo no circuíto de Outeiro de Rei, en Robra, unha nova tempada das carreiras da VF Challenge MR nas modalidades de supermoto, minivelocidade, pitmotard, GP Sport e Supermoto.

A proba, organizada polo VFM Motoclub coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei será puntuable para o Campionato Gelgo de Minivelocidade.

Aínda que a apertura de portas é ás 8.30 horas, a competición iniciarase ás 10.00 e rematará ás 19.36 horas na xornada do sábado. O domingo están previstos os adestramentos cronometrados de 9.30 a 10.58 horas para continuar coas mangas ata as 15.30 horas.

circuito outeiro minivelocidade
0.18330812454224