O Circuíto de Teatro Profesional da Deputación chega a Lugo
O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega a Lugo este xoves 26 de setembro. A cativada poderá desfrutar de O Vixilante de Soños da man de Ubú Teatro a partir das 16.00 horas no ximnasio do colexio CEIP Casás.
Trátase dunha peza teatral con monicreques dirixida a público familiar a partir de 3 anos. Conta a historia de Sonólicus que desde pequeno quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle
medran ata a deformidade.
O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte apra sempre no vixiante do sono e dos soños infantís. É unha peza de
Ana Carreira dirixida por José Campanari e que conta con Carreira e Marga Portomeñe no seu elenco.