O Clavicémbalo acolle unha función de teatro improvisado cun misterio por resolver

LugoXa
A Asociación Cultural Ousadías propón unha noite de intriga e comedia o mércores 25
Ousadías-Lugo
22 Mar 2026

A Asociación Cultural Ousadías organiza o mércores 25 de marzo, ás 22:00 horas, no Club Clavicémbalo, unha nova sesión de teatro improvisado en Lugo. O evento pretende achegar a Impro a todo tipo de públicos mediante propostas participativas e frescas, desta volta cun desafío especial: resolver un asasinato en directo.

Sen guión previo, a trama construírase a partir das ideas do público, que poderá ver como os intérpretes crean a historia en tempo real ata descubrir quen é o culpable. A actividade combina comedia, suspense e interacción directa cos asistentes, facendo do xogo compartido o centro da experiencia.

Os organizadores convidan ao público a formar parte desta aventura teatral, preguntándose se serán capaces de descubrir ao culpable antes de que o asasino leve a súa vitoria. Impro Lugo converte así a noite do mércores nunha proposta de diversión, creatividade e emoción ao instante.

0.12244606018066