O Club Atletismo Lucus compite no Campionato de Clubs de Menores do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras acolleu na tarde do 24 de outubro o Campionato de Clubs de Menores, inicialmente previsto para o pasado mes de xuño. O Club Atletismo Lucus contou, un ano máis, cunha ampla representación nesta competición, na que os atletas conseguiron varios resultados destacados nas probas individuais.
Entre as actuacións máis salientables estivo o primeiro posto de Iago Becerra no salto de lonxitude. Tamén acadaron a segunda posición Alejandra Naviera, cunha marca persoal no lanzamento de peso, Leonardo Platas nos 60 metros lisos e Alejandro Farías nos 1.000 metros.
Na clasificación por equipos da categoría sub-10 masculina, o Adas Cupa proclamouse vencedor, seguido do Sanysec-Club Ourense Atletismo, segundo, e do Atletismo Piringalla, terceiro. O Lucus Caixa Rural Galega rematou nesta categoría na cuarta posición.
Pola súa banda, na categoría sub-12 feminina, o primeiro posto foi para a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, mentres que o Adas Cupa ocupou a segunda posición e o Sanysec-Club Ourense Atletismo, a terceira.
Entre os clubs lucenses desta categoría, o Atletismo Piringalla finalizou en quinta posición, o Lucus Caixa Rural Galega foi noveno e o Club Atletismo Alancar rematou no décimo posto.