O Club de Atletismo Ría de Foz escolleu a nova directiva

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Club de Atletismo Ría de Foz celebrou, no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero, a súa primeira asamblea xeral na que nomearon e renovaron á directiva do club.
57614978_2207166229500738_5880801399301734400_n
7 sep 2020

O Club de Atletismo Ría de Foz celebrou, no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero, a súa primeira asamblea xeral na que nomearon e renovaron á directiva do club.

Na reunión o club focego realizou un exhaustivo balance do traballo realizado ata o momento, e dos primeiros anos de vida do club que estiveron caracterizados pola expansión e consolidación do proxecto como no aumento da base de atletas das categorías inferiores e dos adultos, federación do Club, participación destacadas en diferentes competicións, organización de diversos eventos deportivos no concello etc. 

Así, por unanimidade dos asistentes, saíu escollido Manuel Eiras, como presidente; Rosalía Rodríguez, vicepresidenta, Marcos Loureiro, secretario; Esmeralda Cuba, tesoureira e Ana Lorenzo como vogal.

A nova dirección trazou as novas liñas a seguir para os vindeiros catro anos e deste xeito, a nova directiva do Ría de Foz, continúa a ser a dirección máis nova de Galicia e maioritariamente feminina.

0.20008993148804