O Club de Billar Adai acolleu a quinta proba do Circuito Galego Absoluto con protagonismo local

LugoXa
A competición simultánea en toda Galicia deixa un podio moi repartido e destaca a progresión do xogador xuvenil Xoel Martín Maseda
Circuito-Galego-Absoluto-Club-de-Billar-Adai-O-Corgo
25 Apr 2026

O pasado sábado, 18 de abril, celebrouse de maneira simultánea en distintos puntos de Galicia a penúltima proba do Circuito Galego Absoluto de billar, na súa modalidade de Cadro B, unha xornada na que o Club de Billar Adai exerceu como sede e na que se reuniron varios dos mellores xogadores do panorama autonómico.

A proba deixou como resultado final na sede de Adai un podio encabezado por Raúl Esmorís, do Club de Billar Templarios, e Pablo Rey, da Academia Poolroom, que compartiron a primeira posición nunha competición moi igualada. O terceiro posto foi para Xoel Martín Maseda, xogador do Club de Billar Adai, mentres que a cuarta praza recaeu en Heriberto Aybar, tamén da Academia Poolroom.

Desde a organización trasladouse os parabéns a todas as persoas clasificadas nos distintos cadros B disputados en Galicia, así como aos catro semifinalistas do cadro A. A nivel local, destacou especialmente o regreso competitivo de Raúl Esmorís, que asinou unha actuación marcada polo esforzo e a superación.

Tamén se puxo en valor a evolución do xogador xuvenil Xoel Martín Maseda, que continúa progresando no seu rendemento e conseguiu por primeira vez o acceso ao cadro A, un fito que desde o club cualifican de moi relevante no seu proceso de formación deportiva.

0.12837600708008