O club de fútbol SD Pol organiza uns días de portas abertas para dar a coñecer o club

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Ademais, cada martes, amosarán técnicas específicas de porteiros con Manu Cedrón
xornadas-portas-abertas-pol
Cartel
11 jun 2024

Os nenos e nenas nados entre os anos 2018 e o 2006 ata o 21 de xuño están convidados estes días a participar nos adestramentos do SD Pol. As sesións serán os martes, mércores e venres de 18.00 a 19.30 horas no municipal de Pol, o campo artificial.

Os asistentes poderán coñecer o club así como a actividade que se realiza para formar parte do mesmo para a próxima tempada despois do éxito acadado na actual polos debutantes.

Ademais, cada martes, amosarán técnicas específicas de porteiros con Manu Cedrón, estrela do equipo que contribuíu ao ascenso a Preferente. Estas sesións serán de balde.

As persoas que desexen asistir deberán comunicalo no teléfono 644 249 869.